Na cuberta: "Cómo decir que no, cuándo decir que sí y todo lo que hay entre medias"
Unha guía inclusiva, sincera e divertida sobre o consentimento para preadolescentes e adolescentes de calquera xénero. Un libro para explorar as regras invisibles que rexen o consentimento e as relacións respectuosas, escrita polas creadoras de Ola, menstruación! Con anécdotas en primeira persoa de adolescentes reais e consellos de expertos en saúde e sexualidade dos adolescentes, axudará a lectoras e lectores a decidir cando dicir non, ou si. Un libro imprescindible en calquera biblioteca escolar, dedicado aos preadolescentes e adolescentes, pero de recomendada lectura para os adultos tamén.